Halo lunar sobre o círculo de pedra


Créditos da imaxe e copyright: Alyn Wallace Photography
Explicación: algunha ves viches un halo ao redor da Lúa? Esta fermosa e común visión ocorre canto as nubes altas e delgadas que conteñen millóns de pequenos cristais de xeo cobren gran parte do ceo. Cada cristal de xeo actúa coma unha lente en miniatura. Como a maior parte dos cristais teñen unha forma hexagonal alongada semellante, a luz que entra por un lateral do cristal e sae polo lateral oposto refráctase 22 graos, que se corresonden co radio do halo lunar. Durante o día pode verse un halo solar semellante. Como se forman os cristais de xeo exactamente nas nubes aínda está baixo investigación. Na imaxe publicada, o círculo de xeo no ceo ten o seu espello no círculo de pedra na terra. Feita xusto hai un mes en Pontypridd Common, (País de Gales), RU,a pedra de abalar central sobrevive desde a derradeira  idade de xeo, mentres que as pedras que a rodean nos círculos foron colocadas moito máis recentemente; durante o século XIX.