A aurora e o amencer


Créditos da imaxe: NASAInternational Space StationRicky Arnold
Explicación: só na Estación Espacial Internacional (ISS) podes admirar unha aurora ata o amencer. Entón o fondo terrestre faise demasiado brillante. Por desgraza, tralo solpor, a rápida órbita da ISS ao redor da Terra implica que o amencer está normalmente a menos de 47 minutes de distancia. Na imaxe publicada, unha aurora verde pode verse por baixo da ISS; e no horizonte na parte superior dereita, mentres o amencer se achega se xeito ominoso desde a parte superior esquerda. Ollar a aurora desde o espazo pode ser hipnotizante mentres a súa forma cambiante pode compararse a unha ameba verde xigante. As auroras son creadas por electrones e protones energéticos que proceden do Sol que baten no campo magnético terrestre e caen en espiral cara a Terra tan rápido que provocan que os átomos e moléculas atmosféricos brillen. A ISS orbita máis ou menos á mesma altura cás auroras, moitas veces voando xusto ao través das finas capas superiores das auroras, un evento que n in fai dano aos astronautas nin muda a forma da aurora.