O Sol ceibado: filamento monstro en ultravioleta

Créditos do vídeo: NASA GSFC‘s Scientific Visualization StudioSolar Dynamics Obs.
Explicación: unha das visións solares máis espectaculares é unha labarada explosiva. En xuño de 2011, o Sol desatado resultaba impresionante con labaradas solares de tamaño medio mentres a rotación transportaba as rexións activas de manchas solares cara o limbo solar. Porén, a labarada foi seguida por un torrente abraiante de plasma magnetizado; un filamento monstro que se ve en erupción no bordo do Sol desta imaxe do ultravioleta extremo do Solar Dynamics Observatory (Observatorio de Dinámica Solar) da NASA. Aquí publícase un vídeo secuencia dese evento de horas de duración que amosa o plasma máis escuro e frío caendo nunha zona ampla da superficie do Sol, arqueándose xunto con liñas de campo magnético que doutro xeito serían invisibles. Unha expulsión de masa coronal asociada, unha nube masiva de partículas de alta enerxía, foi expulsada na dirección da Terra e pasou rozando a magnetosfera da Terra.