Cadro con Xúpiter


Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechSwRIMSSSProcesado: Rick Lundh
Explicación: as brochadas que caracterizan as franxas e vórtices da atmosfera de Xúpiter forman este traballo artístico planetario e post-impresionistaA creativa imaxe emprega datos reais procedentes da JunoCam da sonda espacial Juno. Para pintar o lenzo dixital, escolleuse unha imaxe con tons claros e escuros para o seu procesado e aplicouse un filtro informático de pintura ao óleo. Os datos da imaxe captáronse durante o perixove 10 da Juno o 16 de decembro de 2017, preto do encontro co xigante gasoso que domina o sistema solar. Nese intre a nave estaba a viaxar a uns 13 000 quilómetros por riba da parte superior das nubes setentrionais Xupiterianas.