O cráter marciano Intrépido desde o Curiosity

Créditos da imaxe: NASAJPLCornellOpportunity Rover Team,
Explicación: o todoterreo automático Opportunity ás veces pasa por pequenos cráteres marciano. Nesta fotografía de 2010 está o cráter Intrépido, unha baía de impacto de 20 metros de diámetro lixeiramente maior có cráter Nereus que o Opportunity atravesara previamente de casualidade. A imaxe publicada está máis ou menos en cor verdadeira pero comprimida horizontalmente para axustala a unha panorámica en gran angular. O cráter Intrépido recibiu o nome polo módulo lunar Intrepid que levou aos astronautas do Apollo 12 á Lúa hai 49 anos. Máis alá do cráter Intrépido e pasadas as pezas de enferruxado deserto marciano están os cumios do bordo do gran cráter Endeavour, visible no horizonte. O todoterreo Opportunity segue a explorar Marte, superando recentemente os 5.000 días marcianos sobre o planeta vermello.

N. T.: esta entrada estaba programada para o 25/3/18 pola NASA pero a última hora a cambiaro por outra, pero pasounos desapercibido o cambio e nós puxémola daquela. Así que toca repetila hoxe, que no APOD a publican de novo.