NGC 2023 na sombra da Cabeza de Cabalo


Créditos da imaxe e copyrightSteve Mazlin, Mark Hanson, Warren Keller, Rex Parker, Tommy Tse e Peter Proulx (SSRO / PROMPT / CTIO)
Explicación: NGC 2023, escavada por unha brillante estrela moza nas poeirentas nubes moleculares de Orión, a miúdo é ignorada en favor da espectacular silueta da achegada nebulosa Cabeza de Cabalo. Aínda que por si soa aparece coma unha emisión de formación estelar fermosa e unha nebulosa de reflexión, a só 1500 anos luz de distancia. Neste raro retrato de NGC 2023 amósanse polo miúdo os filamentos complexos e abraiantemente coloridos. Tamén hai espallados puntos de emisión que proceden dos obxectos Herbig-Haro da zona, asociados con chorros potentes procedentes das estrelas recén nadas. Esta definida vista telescópica abarca uns 10 anos luz á distancia estimada de NGC 2023. Fóra do bordo dereito do recadro está a más famliar Cabeza de Cabalo cósmica.