Árbore de lúa azul


Créditos da imaxe e copyright: Eric Houck
Explicación: ocorre un aliñamento coma este só durante unha lúa azul? Non, aínda que foi durante unha lúa azul cando se tirou esta instantánea dun só disparo. Durante unha lúa chea que resultou ser a segunda co mes, a situación que defina unha lúa azul, o fotógrafo creou a xustaposición a finais de xaneiro movéndo rapidamente polo contorno ata atopar o lugar xusto para conseguir a Lúa de fondo superposta por gtras do arco dunha árbore en primeiro plano. Por desgraza, nesta caso semellaba que non había outro xeito que empantanándose na lama e pousando a cámara nun valado con aramio de espiño. O arco do carballo fora creado por vacas famentas de Knight’s Ferry (CaliforniaEUA). Poden crearse superposicións Lúa-árbore coma esta durante calquera lúa chea, tendo planificación e tempo abondo. Xurdirá outra oportunidade esta fin de semana, coincidindo ademais con outra lúa azul. Entón, a segunda lúa azul de 2018 ocorrerá, o que significa que por segundo mes este ano haberá dúas lúas cheas nun só mes (N.T.: xogos de palabras en inglés entre lúa, moon, e mes, month; moon-th). Os anos con dúas lúas azuies son relativamente raros, sendo o anterior en 1999 e o vindeiro en 2037.