Marte entre nebulosas


Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer
Explicación: que é esa mancha brillante e vermella entre as nebulosas da Lagoa e Trífida? Marte. Esta espectacular fotografía en cor do ceo fondo capturou ao planeta vermello pasando entre as dúas nebulosas destacadas; catalogadas polo rexistrador cósmico do século XVIII Charles Messier coma M8 e M20. M20 (por riba e á dereita do centro), a nebulosa Trífida, presenta un contraste abraiante en cores vermello/azuis e corredores de po escuro. Abaixo e á dereita está o amplo e sedutor brillo vermello de M8, a nebulosa Lagoa. Ámbalas dúas nebulosas están a uns poucos milleiros anos luz de distancia. Por comparación, dituado temporalmente entre as dúas, está a almenara celeste que domina a zona; Marte. Tirada a semana pasada, o planeta vermello estaba a só uns 10 minutos luz de distancia.