O disco celeste de Nebra

Créditos da imaxe: DbachmannWikipedia
Explicación: hai quen o considera como a ilustración do ceo nocturna máis antiga que existe. Pero que representa exactamente e por que se fixo? O disco celeste de Nebra foi atopado cun detector de metais en 1999 por cazadores de tesouros preto de Nebra, (Alemaña), no medio de varias armas da idade de bronce. O artefacto antigo abarca uns 30 centímetros e asociouse coa cultura de Unetice que habitou parte de Europa ao redor do 1600 a.C. Os puntos, reconstruídos, pénsase que representas a estrelas, co cúmulo representando as Pléiades, e o cículo grande mailo crecente represen tando ao Sol e a Lúa. O propósico do disco fica descoñeciso; con hipóteses que inclúen un reloxo astronómico, un obxecto artístico ou un símbolo relixioso. Valorado nuns 9 millóns de euros, hai quen coida que o disco celeste de Nebra é só parte dunha parella, con outro disco pendente de ser descuberto.