O Cangrexo desde o espazo


Créditos da imaxe: NASA – Raios-X: CXC, Visual: STSCI, Infravermello: JPL-Caltech,
Explicación: a nebulosa do Cangrexo catalógase coma M1, o primeiro obxecto da famosa listaxe de Charles Messier de cousas que non son cometas. De feito, o Cangrexo sábese agora que é un remanente de supernova, refugallos en expansión desde o estoupido mortal dunha estrela masiva. Esta intrigante imaxe en cores falsas combina datos procedentes de observatorios espaciais: Chandra, Hubble e Spitzer; para explorar a nube de sobras en raios X (azul-branco), luz visual (púrpura) e infravermello (rosa). One of the most exotic objects known to modern astronomers, O púlsar do Cangrexo, unha estrela de neutróns que xira 30 veces por segundo, un dos obxectos máis exóticos coñecidos polos astrónomos actuais, é a mancha brillante preto do centro da imaxe. Este refugallo colapsado do núcleo estelar, coma unha dinamo cósmica, alimenta a emisión do Cangrexo polo espectro electromagnético. A nebulosa do Cangrexo, que abarca uns 12 anos luz, está a uns 6 500 anos luz de distancia na constelación Touro.