A gaivota mailo parrulo


Créditos da imaxe e copyrightRaúl Villaverde Fraile
Explicación: estas nebulosas, vistas coma unha gaivota e un parrulo, non son as únicas nubes cósmicas que evocan imaxes de voo. Pero ámbalas dúas están a abrir as ás no seu camiño por esta ampla paisaxe celeste, abarcando case 7 graos no ceo nocturno do planeta Terra cara a constelación Canis Major. A ampla Gaivota (por riba do centro) está a súa vez formada por dúas nebulosa de emisión máis grandes catalogadas. A máis brillante NGC 2327 forma a cabeza coa máis difusa IC 2177 como as ás e o corpo. Impresionantemente, a envergadura da Gaivota correspondería cuns 250 anos luz á distancia estimada da nebulosa de 3 800 anos luz. Na parte inferior dereita, o Parrulo semella moito máis compacto e abarcaría só uns 50 anos luz aos seus 15.000 anos luz de distancia estimada. Inflado por potentes ventos procedentes dunha estrela quente e moi masiva preto do seu centro, a nebulosa do Parrulo catalógase coma NGC 2359. Por suposto, o groso corpo do Pato e os apéndices alados préstanse a un alcume lixeiramente máis teatral, o Helmo de Thor.