Entrada número 1 do catálogo


Créditos da imaxe e copyrightBernhard Hubl (CEDIC)
Explicación: toda viaxe ten un primeiro paso e todo catálogo ten unha primeira entrada. Nestes paneis aparecen as primeiras entradas de seis catálogos famosos de ceo fondo, desde arriba á esquerda ata abaixo á dereita en orde cronolóxica de publicación. Do 1774, a entrada número 1 do catálogo de Charles Messier é M1, o famoso crustáceo cósmico e remanente de supernova da nebulosa do Cangrexo. O (non tan novo) Novo Catálogo Xeral de J.L.E. Dreyer publicouse en 1888. Unha galaxia espiral en Pegaso é o seu NGC 1 no centro do seguinte panel. Xusto por baixo no recadro está outra galaxia espiral catalogada coma NGC 2. Porén, no seguinte Catálogo Índice de Dreyer (seguinte panel), IC 1 é realmente unha estrela dobre feble. Agora recoñecido coma parte do complexo de nubes moleculares de Perseo, a nebulosa escura Barnard 1 comeza a fileira inferior desde as Marcas Escuras do Ceo, un catálogo de 1919 obra de E.E. Barnard. Abell 1 é un cúmulo galáctico afastado en Pegaso, do catálogo de 1958 de George Abell de Cúmulos Ricos de Galaxias. O panel fiinal céntrase en vdB 1, do estudio de 1966 de van den Bergh’s desde Sidney. A fermosa e azul nebulosa de reflexión galáctica atópase na constelación Casiopea.

Hoxe en Ceos Galegos publicamos homenaxe a Stephen Hawking.