Voando sobre a Terra pola noite (ii)



Créditos do vídeo: NASAGateway to Astronaut PhotographyMúsica: The Low Seas (The 126ers)
Explicación: como sería orbitar a Terra? A Estación Espacial Internacional (ISS) faino cada 90 minutos, e ás veces os astronautas a bordo tiran secuencias de fotos que se convirten en vídeos. O vídeo secuencia publicado amosa moitos espectáculos visuais da Terra escura por debaixo. Ao primeiro, cando o vídeo comeza, poden verse auroras verdes e vermellas na parte superior esquerda por riba de nubes brancas. Pronto chegan as luces de cidade á vista, estando claro que estás a sobrevoar Norteamérica, pasando ao final sobre Florida. Na segunda secuencia voas sobre Europa e África, pasando ao remate sobre o río Nilo. Os breves flashes de luz son lóstregos de tormentas. Poden verse estrelas afastadas ao lonxe que se erguen ao través do brillo verde-dourado da atmosfera da Terra.