As fases da Lúa


Créditos da imaxe e copyrightJean-Francois GoutTom Polakis
Explicación: olla á Lúa cada noite e a súa parte alumeada pola luz solar varía gradualmente. En fases que avanzan desde a Lúa nova deica a Lúa chea e de volta á Lúa nova, un ciclo lunar ou luada complétase nuns 29,5 días. Desde a parte superior esquerda ata o fondo á dereita, estes recadros amosan un rango de fases lunares para 25 noites consecutivas que comezan o 18 de xaneiro, seguíndose cunha luada case completa. Hai un salto de 2 días xusto antes e despois da Lúa nova, cando a fase lunar non é máis que un estreito crecente, preto do Sol e realmente difícil de ver. Naturalmente, os ceos nocturnos case sempre claros de Arizona e un pouco de axuda dun amigo foron necesarios para completar este proxecto de ciclo lunar, fotografando a primeira hora da noite para a primeira metade e a última hora da noite e na madrugada para a segunda parte da luada. Como punto extra, o ciclo centrouse na Lúa chea do 31 de xaneito. Esa foi a segunda Lúa chea de xaneiro, cando a Lúa estaba preto do perixeo da órbita lunar e adquiriu cores avermelladas durante unha eclipse total lunar.