Ciclóns no polo norte de Xúpiter


Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, ASI, INAF, JIRAM
Explicación: os datos da Jovian Infrared Auroral Mapper da Juno (ou Cartografador Auroral Xupiteriano en Infravermellos) empregáronse para construír esta espectacular vista dos ciclóns no polo norte de Xúpiter. As observacións en infravermello, que miden a emisión térmica procedente das partes superiores das nubes xupiterianas, non se restrinxen ao hemisfrio alumeado pola luz solar. Desvelan oito accidentes ciclónicos que arrodean un ciclón duns 4.000 quilómetros de diámetro, xusto por fóra do polo norte xeográfico do planeta xigante. Datos semellantes amosan un cliclón no seu polo sur con cinco ciclóns circumpolares. Os ciclóns do polo sur son lixeiramente máis grandes cós seus curmáns setentrionais. Os datos da Cassini amosaron que os polos norte e sur do xitante gasoso Saturno teñen cadenseu sistema tormentoso ciclónico solitario.