O X (V) lunar


Créditos da imaxe e copyrightHenrik Adamsson
Explicación: o impactante X desta paisaxe lunar pode ollarse de xeito sinxelo con prismáticos ou cun telescopio pequeno, pero non o ve moita xente. O truco está en que este X lunar é efémero e só aparente nas horas previas á fase de primeiro cuarto da Lúa. Ao longo da liña de sombra entre o día e a noite lunar, a ilusión do X prodúcese por unha configuración de cráteres que se ven aquí cara a esquerda: Blanchinus, La Caille e Purbach. Preto da fase do primeiro cuarto da Lúa, un astronauta que ficara preto da posición dos cráteres vería como o Sol se ergue paseniñamente moi preto do horizonte. Temporalmente, as paredes dos cráteres serían alumeadas polo sol mentres os solos dos cráteres aínda estarían na escuridade. Ollado desde o planeta Terra, o contraste de parte das pareces brillantes contra os solos escuros parécense por casualidade a un X. Esta imaxe definida do X lunar foi captado o 22 de febreiro. Coma extra, move a túa mirada ao longo do terminador lunar e poida que tamén descubras o V lunar.