O cometa azul atopa ás estrelas azuis

 Créditos e copyright: Tom Masterson (Transient Astronomer)
Explicación: que se está a dirixir cara o cúmulo estelar das Pléiades? Semella ser o cometa C/2016 R2 (PanSTARRS), pero aquí as aparencias enganan. Á dereita e foi lonxe no fondo, o famoso cúmulo estelar das Pléiades está dominado pola luz azul procedente das esterlas masivas e novas. Á esquerda e visitando o Sistema Solar interior está o cometa PanSTARRS, un bloque de xeo caído desde o Sistema Solar exterior que na actualidade amosa unha cola iónica longa dominada pola luz azul procedente dunha abundancia extraordinariamente alta de monóxido de carbono ionizado. O cometa PanSTARRS está na actualidade movéndose cara a parte superior da imaxe e a súa cola iónica apunta lonxe do Sol pero é afectada por un complexo vento solar de partículas expulsadas pola nosa estrela. O cometa, que se pode ver ao través dun telescopio pequeno, está a atenuarse mentres se afasta da Terra, aínda que chegará ao seu punto máis próximo ao Sol a primeiros de maio.