Unha eclipse parcial sobre a baía de Manila


Créditos e copyright: Armando Lee (Astron. League Philippines), F. Naelga Jr., 100 Hours of Astronomy (IYA2009)
Explicación: que lle está a pasar ao Sol que se oculta? Unha eclipse! A comezos de 2009, a Lúa eclipsou parte do Sol mentres se vía desde zonas de África, Australia e Asia. Na fotografía publicada en particular, tirada desde o peirao do Centro Comercial de Asia, capturouse un Sol parcialmente eclipsado que se puña sobre a Baía de Manila nas Filipinas. Poden verse peiraos perfilados no primeiro plano. Os observadores de eclipses e os entusiastas do ceo ben localizados capturaron outras moitas imaxes artísticas interesantes da única eclipse anular solar do ano, incluíndo películasconxuntos de sombras da eclipse e aneis de fogo. O xoves, partes do Sol voltarán a seren bloqueadas brevemente pola Lúa, visible de novo para algúns coma unha elcipse parcial solar. Porén, a eclipse do xoves será visible só desde zonas meridionais de Sudamérica e Antártida.