O Roadster, Starman e o planeta Terra

 Créditos da imaxe: SpaceX
Explicación: non teñas medo. Tan só é un manequín cun traxe espacial chamado Starman (O Home das Estrelas). Mentre o cuarto crecente alumeado polo Sol do planeta Terra retrocede por detrás, Starman está sentado comodamente ao volante dun Tesla Roadster nesta última fotografía do lanzamento da carga espacial porun foguete Falcon Heavy o 6 de febreiro. Internacionalmente denominado 2018-017A, o deportivo sen capota e Starman diríxinse polo espazo máis alá da órbita de Marte. O éxito do foguete Falcon Heavy convertiuse agora no foguete máis potente en operación e o deportivo nun dos catro coches eléctricos lanzados desde o planeta Terra. Os outros tres foron lanzados á Lúa por foguetes Saturn V, historicamente máis potentes (pero non reutilizables). Aínda así, o deportivo de Starman probablemente sexa o único que se consideraría legal nas rúas.

Fotos do ceo feitas desde Galicia? (Case) cada día en www.ceosgalegos.com.