Unha paxarela lunar e ronseis estelares


Créditos da imaxe e copyrightHaitong Yu
Explicación: o 31 de xaneiro, unha eclipse lunar con moito vagar puido gozarse desde toda a parte nocturna do planeta Terra, o primeiro de tres eclipses totais consecutivas de Lúa. Esta espectacular imaxe de vídeo secuencia seguíu un espectáculo celeste dunhas tres horas nunha serie combinada de exposicións desde a provincia Hebei na China setentrional. A cámara, fixada nun trípode, grava á Lúa Chea esvarando por un ceo nocturno limpo. O ronsel con forma de paxarela da Lúa, demasiado brillante xusto antes e despois da eclipse, faise estreito e vermello durante a fase máis escura de eclipse total que durou unha hora e 16 minutos. No afastado fondo están os ronseis coloridos das estrelas en arcos concéntricos por riba e por baixo do ecuador celeste.