A galaxia NGC 474: capas e correntes estelares


Créditos da imaxe: CFHTCoelumMegaCamJ.-C. Cuillandre (CFHT) e G. A. Anselmi (Coelum)
Explicación: que lle está a acontecer á galaxia NGC 474? As capas múltiples de emisión semellan estrañamente complexas e inesperadas que lle dan unha aparencia relativamente uniforme dunha galaxia elíptica en imaxes menos fondas. A orixe das capas aínda non se coñece, pero probablemente as correntes de marea relacionadas cos refugallos deixados pola absorción de numerosas galaxias pequenas nos pasados milleiros de millóns de anos. Por outra parte, as capas poden ser coma ondas nunha poza, onde as colisións sufridas coa galaxia espiral por riba de NGC 474 está provocando ondas de densidade que ondulan ao través do xigante galáctico. Independentemente da causa real, a imaxe publicada salienta de xeito espectacular o consenso en aumento de que polo menos algunhas galaxias elípticas se formaron no pasado recente, e que os halos máis externos da maioría das galaxias grandes non son realmente uniformes senón que teñen complexidades inducidas por interaccións frecuentes con, e acreccións de, galaxias achegadas máis pequenas. O halo da nosa propia galaxia Vía Láctea é un exemplo de semellante complexidade inesperada. NGC 474 abarca uns 250.000 anos luz e está a uns 100 millóns de anos luz de distancia cara a constelación do Peixe (Pisces).