NGC 7635: a nebulosa da Burbulla en expansión


Créditos da imaxe: Göran Nilsson e The Liverpool Telescope
Explicación: é a burbulla contra a nube. NGC 7635, a nebulosa da Burbulla, está a ser empurrada polo vento estelar da estrela masiva BD+602522, que se ve en azul cara a dereita, dentro da nebulosa. E aínda na veciñanza reside unha nube molecular xigante, visible no extremo dereito en vermello. Neste lugar do espazo, unha forza irresistible atopa un obxecto inamovible dun xeito interesante. A nube pode conter a expansión do gas da burbulla, pero recibe o impacto da radiación quente que procede da estrela central da burbulla. A radiación quece rexións densas da nube molecular facéndoa brillar. A nebulosa da Burbullafotografada aquí, ten uns 10 anos luz de diámetro e forma parte dun complexo moito máis grande de estrelas e capas. A nebulosa da Burbulla pode verse cun telescopio pequeno cara a constelación da Raíña de Etiopía (Cassiopeia).