Eclipse no amencer lunar

Créditos da imaxe e copyrightNeelam e Ajay Talwar
ExplicaciónTesta fotografía atmosférica dun horizonte afastado cara o alto cumio Trisul das nevadas montañas himalaias da India. Tirada desde unha localidade remota o 31 de xaneiro, a estrela máis brillante Sirio alumea na parte superior dereita. A Lúa vermella erguéndose está a planear pola sombra da Terra durante a eclipse lunar total moi ben anticipada. A eclipse, gozada por toda a parte nocturna do planeta, foi o primeiro de dúas eclipses totais lunares de 2018, dando comezo a un bo ano para os observadores lunares. Pero este foi un premio estraño. A Lúa eclipsada tamén se facía grande preto do perixeo, o punto máis achegado na súa órbita, durante a segunda Lúa chea do mes, denominada tamén coma Lúa azul. Na eclipse total lunar do 27 de xullo de 2018 a Lúa chea estará moi preto do apoxeo.

Xa está aquí a xira anual de charlas do APOD, con charlas de astronomía por toda Galicia. O 2 de febreiro en Santiago de Compostela.