NGC 613 con po, estrelas e unha supernova


Créditos da imaxe: NASAESAHubbleS. Smartt (QUB); Agradecementos: Robert GendlerInserido: Víctor Buso
Explicación: de onde vén esa mancha? O astrónomo afeccionado Víctor Buso estaba a probar unha cámara nova no seu telescopio en 2016 cando notou unha mancha de luz curiosa aparecendo, e ficando. Tras informar desta extraordinaria observación, determinouse que se trataba de luz procedente dunha supernova que acababa xusto de comezar a ser visible; nunha etapa tan temperá que aínda non fora forografada visualmente. As imaxes de antes e despois do descubrimento, tiradas máis ou menos cunha hora de diferencia, amósanse no recadro dunha imaxe máis detallada da mesma galaxia espiral, NGC 613, tomada polo Telescopio Espacial Hubble. As observacións seguintes amosaron que SN 2016gkg probablemente fose a explosión dunha estrela superxigante, e Buso probablemente captou o intre no que a onda do estourido saía desde o núcleo estelar fuxindo pola superficie da estrela. Como os astrónomos teñen gastado anos vixilando galaxias na procura de supernovas sen ollar tal evento de “fuxida”, as probabilidades de que Buso o captaseu comparáronse con gañar a lotaría.