Unha eclipse total de Lúa sobre Taxiquistán



Créditos do vídeo e copyright: Jean-Luc Dauvergne (Ciel et Espace); Música: Valère Leroy e Sophie Huet (Space-Music)
Explicación: se a lúa chea esmorecese de súpeto, que verías? A resposta foi gravada durante a eclipse total lunar de 2011 nun emocionante vídeo secuencia desde Taxiquistán. Durante unha eclipse total lunar a Terra móvese entre a Lúa e o Sol, facendo que a lúa se atenúe radicalmente. Aínda que a Lúa non chega a escurecer por completo nunca, xa que a atmosfera da Terra refracta algo de luz. Cando comeza o vídeo superior a escena pode parecer que é de día alumeada polo sol, pero realmente é de noite e está alumeada polo brillo da Lúa chea. Cando a Lúa se eclipsa e atenúa, o vento diminúe e as estrelas do fondo poden reflectirse no lago do primeiro plano. Aínda máis espectacular, o ceo que arrodea á lúa eclipsada semella estar de súpeto cheo de estrelas e saliéntase polo plano ateigado da nosa galaxia Vía Láctea. A secuencia repítese cun primeiro plano, e a imaxe final amosa o lugar da Lúa eclipsada preto das nebulosas da Águia, o Cisne, a Trífida maila Lagoa. Case dúas horas desposi de que a eclipse comezara, a lúa emerxe desde a sombra da Terra e o seu fulgor completo domina de novo o ceo. Este venres haberá outra eclipse lunar total; pero esta será durante unha estraña súper-lúa azul.

Xa está aquí a xira anual de charlas do APOD, con charlas de astronomía por toda Galicia. O 2 de febreiro en Santiago de Compostela.