Autorretrato na crista Vera Rubin

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS – Panorámica: Andrew Bodrov
Explicación: no sol 1943 da súa viaxe de exploraicón poal superficie de Marte, o todoterreo Curiosity gravou este autorretrato na beira sur da Crista Vera Rubin. Como xa sabes, un sol é un día solar marciano, uns 40 minutos máis longo que na Terra. O sol 1943 do Curiosity correspóndese á data terrestre do 23 de xaneiro de 2018. A panorámica en mosaico, composta tamén coma unha realidade virtual interactiva de 360 graos, combina 61 exposicións tiradas pola cámara Mars Hand Lens Imager (MAHLI ou Cámara Marciana de Lente Manual) polo todoterreo de tamaño dun coche. As instantáneas conteñen o brazo da cámara que se editou para eliminalo mentres que para o amplo fondo empregouse a cámara Mastcam do todoterreo no sol 1903. Na parte superior do mastro do vehículo, por riba da Mastcam, o recinto da ChemCam de disparo láser bloquea o cumio do monte Sharp.