Os cágados de IC 410


Créditos da imaxe: Juan Ignacio Jiménez
Explicación: este primeiro plano telescópico fachendea da que doutro xeito sería unha emisión feble da nebulosa IC 410. Tamén amosa dous habitantes destacados da poza cósmica de gas e po debaixo á esquerda do centro, os cágados de IC 410. A proia nebulosa, parcialmente escurecida polo po en primeiro plano, arrodea a NGC 1893, un novo cúmulo galáctico de estrelas. Formadas na nube interestelar hai tan só 4 millóns de anos, o cúmulo de estrelas moi quentes e brillantes estimulan o gas brillante. Os cágados, compostos de gas frío e máis denso, teñen uns 10 anos luz de lonxitude e probablemente sexan lugares nos que estea a acontecer a formación de estrelas. As súas testas, esculpidas por ventos e radiación procedente das estrelas do cúmulo, están perfiladas por cristas brillantes de gas ionizado mentres que as súas colas apuntan ao exterior da zona central do cúmulo. IC 410 está a uns 10 000 anos uz de distancia, cara a constelación Auriga, que está chea de nebulosas.

Xira anual de charlas de APOD: o venres 2 de febreiro na Nave de Vidán (Santiago de Compostela), ás 21:00 horas.