A lúa vella nos brazos na lúa nova


Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Carnegie Las Campanas, TWAN)
Explicación: coñecido tamén como a luz cincenta da Lúa ou a “lúa vella nos brazos da lúa nova”, ese brillo da lúa é luz da terra reflectida na parte nocturna da Lúa. Esta imaxe espectacular da luz cinzenta cun pequeno crecente lunar realizada desde o Observatorio Las Campanas, deserto de Atacama, Chile, planeta Terra preto da posta da lúa do 18 de xaneiro. near moonset on January 18. Aparecen sobre o Océano Pacífico as capas da gran inversión atmosférica, coloreadas polo solpor no horizonte occidental do planeta. Pero a vista desde a Lúa tamén debería ter sido excepcional. Can a Lúa aparece no ceo da Terra como un crecente pequeno, un brillo cegador procedente dunha Terra case chea, podería verse desde a superficie lunar. Unha descrición da luz cincenta, en termos de luz solar reflectida polos océanos da Terra que alumearían a superficie escura da Lúa, foi descrita hai 500 anos por Leonardo da Vinci.