Cometa azul nas Híades


Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: as estrelas do cúmulo das Híades espállanse por este mosaico que abarca uns 5 graos do ceo cara a constelación Touro. Presently cruising through the Solar System, O destacado cometa azul C/2016 R2 PanSTARRS, que está agora a atravesar o Sistema Solar, localizase neste amplo campo de vista usando datos do 12 de xaneiro. Có ápex do cúmulo das Híades e a súa forma de V ubicado na parte superior central, a brillante Aldebarán, a estrela alfa do Touro, ancora o cadro no estremo inferior dereito. Aldebarán, unha xigante fría vermella, aparece en cores laranxas neste eido estelar cheo de cor. Mentres as estrelas das Híades se espallan a 151 anos luz de distancia, Aldebarán está só a 65 anos luz e, polo tanto, separada das estrelas do cúmulo. O 12 de xaneiro C/2016 R2 estaba a uns 17 minutos luz do planeta Terra e a case 24 minutos luz do Sol. A cola de cor azul débese sobre todo ao gas CO+ que emite fluorescencia baixo a luz solar, a cabeza ou coma do cometa aparece cun lixeiro ton verdello, probablemente pola emisión de carbono diatómico.

En Ceos Galegos temos hoxe o noso propio cometa.