Despegue e aterraxe

Créditos da imaxe e copyright: John Kraus
Explicación: esta paisaxe celeste nocturna, unha composición de tres instantáneas consecutivas, segue o despegue maila aterraxe da primeira etapa dun foguete Falcon 9 o 7 de xaneiro, desde unha praia ca costa espacial do planeta Terra. Co lanzamento desde a Base da Forza Aérea de Cabo Canaveral, o brillante ronsel que comeza no extremo esquerdo marca a fase inicial do voo do foguete. Un gancho visible arriba marca o comezo da traxectoria de retorno da primeira etapa cun “acendido dos retromotores” preto do cumio do arco, mentres que a segunda etapa se separa e continúa cara a órbita. Por riba da parte superior do arco do despeque e debido á perspectiva, unha raia brillante amosa á primeira etapa freando e descendendo cara o Cabo. A raia do horizonte, centrada na parte inferior, é un acendido de 17 segundos que frea finalmente á primeira etapa para unha aterraxe vertical con éxito uns 8 minutos despois do despegue na Zona de Aterraxe 1. Durante o tempo efectivo da longa exposición da escena, as estrelas do fondo deixan ronseis curtos no ceo nocturno do planeta en rotación.