O cometa PanSTARRS de cor azul


Créditos da imaxe e copyright: Damian Peach, Jose J. Chambo
Explicación: descuberto co telescopio PanSTARRS o 7 de setembro de 2016, este cometa PanSTARRS, C/2016 R2, está nestes intres a uns 24 minutos luz (3 UA) do Sol, atravesando os ceos do planeta Terra por riba dun fondo de estrelas da constelación do Touro. Un visitante ao procedente da afastada Nube de Oort do noso Sistema Solar, a súa fermosa e complexa cola iónica ten unha destacada sombra de azul. A cola iónica do cometa, xa ben desenvolvida aínda que está relativamente lonxe do Sol, é moi espectacular. A emisión de moléculas de monóxido de carbono ionizado (CO+), estrañamente abondoso, emite fluorescencia coa luz solar en aumento e resulta en gran parte responsable da fermosa tinguidura azul. Esta imaxe en cor do cometa azul é unha combinación de datos tirados a partires de dous telescopios diferentes durante a noite do 7 de xaneiro. A estrela brillante Gamma Tauri, localizada no ápex do cúmulo estelar das Hyades en Taurus, con forma de V, é responsable do brillo da esquina esquerda do fondo do cadro.