Nubes de Andrómeda


Créditos da imaxe e copyright: Daniel López / IAC
Explicación: que son as nubes vermellas que arrodean a galaxia Andrómeda? Esta galaxia, M31, a miúdo é fotografada polos astrónomos terrestres. Como é a galaxia espiral grande máis achegada, é unha vista familiar cos corredores escuros de po, o brillante núcleo amarelado e os brazos espirais perfilados por nubes de estrelas azules brillantes. Aínda así, este retrato cheo de cor, un mosaico de imaxes de boa exposición con filtros de banda anpla e estreita do noso universo illa veciño, ofrece detalles abraiantemente estraños, tenues nubes avermelladas de gas hidróxeno ionizado e brillante no mesmo campo de vista. Estas nubes de hidróxeno ionizado seguramente están no primeiro plano da escena, ben dentro da nosa galaxia Vía Láctea. Probablemente están asociadas coas poeirentas nubes cirrus interestelares omnipresentes que se espallan centos de anos luz por riba do noso propio plano galáctico.