Un cabo no espazo


Créditos da imaxe: TSS-1, Tripulación STS-46, NASA
Explicación: unha das máis grandes lendas non cumprida do espazo exterior é o cabo. Cabos, cordas longas de material, manteñen a promesa de satélites estables, xeración de electricidade e permitir transporte sinxelo. Posiblemente a visión máis ambiciona do cabo espacial é o elevador espacial popularizado por Arthur C. Clarke, onde se constrúe un cabo que conecta a superficie cunha órbita xeosíncrona. Un problema é a resistencia; é difícil facer un cabo longo e útil que non rache. Na fotografía de hoxe está o despregamento do Tethered Satellite System 1 (TSS-1) polo transbordador espacial Altantis en 1992. Como outros cabos probados, o TSS-1 fallou en cumprir as expectativas e promesas, aínda que se aprenderon moitas leccións valiosas.