Planetas sobre a ala

Créditos da imaxe e copyright: Dong Han
Explicación: finalmente, o brillante Xúpiter e o máis feble Marte foron sinxelos de descubrir nos ceos de madrugada para os afeccionados. Antes do amencer do 7 de xaneiro o dous planetas chegaron a unha conxunción visible a simple vista preto do horizonte, afastados só 1/4 graos nos ceos crepusculares do leste. Esa separación aparente correspóndese á metade do diámetro angular dunha Lúa chea. Xusto por fóra da á dun avión que voa polo alto tamén están aliñados nesta instantánea da madrugada do 5 de xaneiro, Xúpiter (esquerda) e Marte (medio) están tamén en liña coa ben equilibrada Zubenelgenubi (dereita), a estrela alfa da constelación Libra. Por baixo están as luces de Europa central preto de Praga, República Checa, planeta Terra.