
Créditos da imaxe: CFHT, Coelum, MegaCam, J.-C. Cuillandre (CFHT) e G. A. Anselmi (Coelum) Explicación: será así o noso Sol algún día? A
nebulosa Hélice é un dos exemplos máis achegados e brillantes dunha
nebulosa planetaria, unha
nube de gas creada ao remate da vida dunha estrela de tipo solar. Os gases exteriores da estrela
expulsados ao espazo aparecen desde o noso punto de vista coa forma dunha
hélice. O núcleo estelar central remanente, destinado a se converter nunha
estrela anana branca, brillan cunha radiación tan
potente que fai que o gas expulsado previamente emita
fluorescencia. A
nebulosa Hélice, que recibe a designación técnica de
NGC 7293, atópase a uns 700
anos luz de distancia cara a
constelacón do Augador (
Aquarius) e abarca uns 2,5 anos luz. A
imaxe publicada foi tomada co
Telescopio Canadá-Francia-Hawaii (CFHT) localizado no cumio dun volcán durmido en
Hawaii,
EUA. Un
primeiro plano do
bordo interior da
nebulosa Hélice amosa complexo nós de gas de
orixe descoñecida.