O primeiro Explorer


Créditos da imaxe: NASA
Explicación: hai sesenta anos, o 31 de xaneiro de 1958, o primeiro Explorer foi lanzado con éxito pola Army Ballistic Missile Agency (Axencia de Mísiles Balísticos do Exército) a bordo dun foguete Jupiter-C. O Explorer I, que inauguraba a era da exploración espacial para os Estados Unidos de América, era un satélite de trece quilos e medio que transportaba instrumentos para medir temperaturas e imactos de micrometeoritos, xunto cun experimento deseñado por James A. Van Allen para medir a densidade dos electróns e os ións no espazo. As medidas feitas polo experimento de Van Allen levaron a un descubrimento inesperado e daquela abraiante de dos cintos rodeando á Terra de electróns e ións de altas enerxías atrapados na magnetosfera. Coñecidos agora coma o cinto de Van Allen, as zonas están localizadas na magnetosfera interior, máis alá da órbita baixa da Terra. O Explorer I deixou de transmitir o 28 de febreiro de 1958, pero ficou en órbita deica marzo de 1970.

Xa está aquí a xira anual de charlas do APOD, con charlas de astronomía por toda Galicia. O 2 de febreiro en Santiago de Compostela.