A gran galaxia espiral NGC 1232

Créditos da imaxe: FORS, 8.2-meter VLT Antu, ESO
Explicación: as galaxias son fascinantes non só polo que se ve, tamén polo que non se ve. A gran espiral galáctica NGC 1232, captada polo miúto por un dos Telescopios Moi Grandes, é un bo exemplo. O visible está dominado por millóns de estrelas brillantes e po escuro, atrapado nun remuíño gravitacional de brazos espirais que xiran ao redor do centro. Os cúmulos abertos que conteñen brillantes estrelas azuis poden verse esparexidas ao longo destes brazos espirais, mentres que os corredores escuros de denso po interestelar poden verse espallados entre eles. Milleiros de millóns de estrelas normais e tenues xunto con enormes estensións de gas interestelar son menos visibles pero detectables, que no conxunto supón tanta masa que dominan a dinámica do interior da galaxia. As teorías máis actuais indican que aínda non se ven grandes moreas de materia, nun forma que aínda non coñecemos. En parte, esta materia escura ubicua postúlase para explicar os movementos da materia visible nas rexións máis externas das galaxias.