Ronsel do lanzamento do foguete SpaceX sobre California

 
Créditos da imaxe e copyright: Craig Bobchin
Explicación: que está a acontecer no ceo? O venres, un fotoxénico ronsel procedente do despegue dun foguete SpaceX creou todo un espectáculo sobre algures da California meridional e Arizona. Parecendo ás veces a un gpeixe espacial xigante, o impresionante lanzamento do foguete desde a Base da Forza Aérea Vandenberg preto de Lompoc, California, foi tan brillante porque foi alumeado polo Sol poñéndose. O foguete Falcon 9, que despegou durante unha minúscula xanela de lanzamento dun minuto, guindou con éxito na órbita baixa terrestre dez satélites Iridium NEXT que forman parte dunha drede de comunciacións global. O penacho da primeira fase vese á dereita, mentres que a etapa superior do foguete pode verse no ápex do penacho cara á esquerda. toward the left. Tomáronse bos e variados vídeos do ldespegue. A fotografía publicada foi captada desde o Condado de Orange County, California, nunha exposición de 2,5 segundos de duración.

Xa no aire os Ceos Galegos, web diaria e calendario astronómico.