Como lavarte o pelo no espazo



Créditos do vídeo: NASA, tripulación da expedición 36
Explicación: como te podes lavar o pelo no espazo, sen gravidade? Unha molestia durante moito tempo para os astronautas, Karen Nyberg, unha enxeñeira de voo da Estación Espacial Internacional (ISS) en 2013, fixo un tutorial. As compoñente chave son unha bolsa de irrigación de auga, un schampú, sen enxugue e o rexo uso dunha toalla e peite. Aínda así, o vídeo publicado amosa que o proceso completo debería levar só uns poucos minutos. Ao final, a auga residual evaporarase do teu pelo, sendo capturada polo sistema de aire acondicionado da estación espacial e purificada como auga potable. Tras voltar dun total de 180 días no espazo, Nyberg traballou para a NASA en varias responsabilidades coma a Xefa do brazo robótico.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?