O sistema planetario Kepler-90

Créditos da ilustración: NASA Ames, Wendy Stenzel
Explicación: hai sistemas planetarios coma o noso noutras estrelas? Si; un deses sistemas é Kepler-90. Catalogado polo satélite Kepler en órbita, descubriuse un oitavo planeta dándolle a Kepler-90 o mesmo número de planetas coñecidos có noso Sistema Solar. As semellanzas entre Kepler-90 e o noso sistema inclúen unha estrela de tipo G comparable ao noso Sol, planetas rochosos comparables á nosa Terra e planetas grandes comparables en tamaño a Xúpiter e Saturno. As diferencias inclúen que todos los planetas coñecidos de Kepler-90 orbitan relativamente preto, máis preto que a órbita da Terra ao redor do Sol, facendo que sexan demasiado cálidos para albergar vida. Porén, as observacións durante periodos longos de tempo poida que descubran planetas máis fríos e lonxe. Kepler-90 atópase a uns 2 500 anos luz de distancia e cunha magnitude 14 é visible cun telescopio de tamaño medio cara a constelación do Dragón (Draco). As misións para atopar exoplanetas planificadas para ser lanzadas na vindeira década inclúen a TESS, JWST, WFIRST e PLATO.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?