Xemínidas do norte

Créditos da imaxe e copyright: Yin Hao
Explicación: a anual chuvia de meteoros das xemínidas da Terra non decepcionaron mentres o noso fermoso planeta atravesaba o po procedente do asteroide activo 3200 Phaethon. A corrente de meteoros, capturada nesta paisaxe nocturna do hemisferio setentrional, flúe desde o radiante da chuvia en Gemini. Para crear a imaxe, tiráronse 37 imaxes individuais que gravaron raias meteóricas durante un periodo de 8,5 horas durante a noite do 12/13 de decembro. Na composición final escolmáronse e rexistráronse contra o ceo estrelado por riba do prato do radiotelescopio MUSER, un conxunto de radiotelescopios adicado ao Sol na Estación Mingantu, de nome astronómico, na Mongolia Interior (China), a uns 400 quilómetos de Beijing. Sirius, a estrela alfa de Canis Major, brilla intensamente xusto por riba do prato e a Vía Láctea estrícase cara o cénit. A amarelada Betelgeuse sobresae en Orión á dereita da Vía Láctea setentrional. O radiante da chuvia está arriba á esquerda, ben alto no horizonte preto de Cástor e Póllux, as estrelas xemelgas de Gemini. O efecto de radiante débese á perspectiva xa que a ruta paralela do meteoro semella converxer na distancia. Os meteoros de Gemini entren na atmosfera da Terra viaxando a uns 22 quilómetros por segundo.

Enviados ao APOD: as mellores imaxes (ata o momento) da Gchuvia de meteoros das xemínidas 2017.
Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?