Mergullándose en Xúpiter


Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS, Gerald Eichstadt, Justin Cowart
Explicación: mira este mergullo simulado e somérxete na atmosfera superior de Xúpiter, o xigante gasoso que domina o Sistema Solar. A abraiante animación está baseada en datos da JunoCam mailo radiómetro de microondas a bordo da nave espacial Juno que está a orbitar a Xúpiter. A túa visión comezará a uns 3 000 quilómetros por riba dos cumios das nubes xovianas meridionais, pero podes serguir o teu avance no monitor da esquerda. Ao diminuír a altitude a temperatura medra mentres te mergullas máis fondo no lugar da famosa Gran Mancha Vermella de Xúpiter. De feito, os datos de Juno sinalan que a Gran Marcha Vermella, o sistema de tormentas máis grande do Sistema Solar, penetra uns 300 quilómetros por dentro da atmosfera do planeta xigante. En comparación, o punto máis fondo dos océanos do planeta Terra están xusto 11 quilómetros por baixo. Pero non te arrepíes, voltarás ao exterior de novo.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?