Meteoros sobre a Mongolia Interior


Créditos da imaxe e copyright: Haitong Yu
Explicación: algunha vez ollaches unha chuvia de meteoros? De ser así, entón cada minuto máis ou menos o ceo faiscaba con flashes fuxidíos de luz. Este foi o desafío do astrofotógrafo que aparece na imaxe durante a chuvia de meteoros das perseidas do ano pasado. Durante a imaxe composta de tres horas choveron unhas 90 perseidas sobre o lago Duolun da Mongolia Interior, China. Se segues o rastro das liñas dos meteoros, atoparás que a maioría delas semellan radiar desde unha única constelación; neste caso Perseus. De feito, incluso podes saber que meteoros non son das perseidas porque veñen doutro lugar. Esta noite promete ser outra boa ocasión para captar unha chuvia de meteoros porque é o máximo das xemínidas. Gemini ou Xemelgos, o radiante da chuvia, erguerase pouco despois do solpor e será visible a maior parte da noite.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?