Temas salientables do ceo invernal

Créditos da ilustración e copyright: Universe2go.com
Explicación: que hai no ceo este inverno? O gráfico publicado aporta algunhas cousas destacadas para o hemisferio setentrional terrestre. Mirando coma un reloxo centrado na parte inferior, os acontecementos celestes a comezos do inverno espállanse coma un abano cara a esquerda, mentres que os de finais do inverno se proxectan cara a dereita. Os obxectos relativamente achegados á Terra están ilustrados, en xeral, máis preto do personaxe cun telescopio da parte inferior central; aínda que case todo o representado pode ser visto sen telescopio. O salientable do ceo deste inverno inclúe a chuvia de meteoros das xemínidas que chegan ao máximo esta semana, a constelación de Orión faise notable tralo solpor e moitos planetas empezan a verse antes do mencer en febreiro. Como pasa en cada tempada, a Estación Espacial Internacional (ISS) pode atoparse ás veces vagando polo teu ceo se sabes cando e onde mirar.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?