Lembrando o Mercurio do MESSENGER


Créditos do vídeo NASA, JHUAPL, CIW; procesado: Roman Tkachenko; música: Open Sea Morning by Puddle of Infinity

Explicación: como sería sobrevoar o planeta Mercurio? As imaxes e datos tirados desde a nave espacial MESSENGER que orbitou Mercurio desde 2011 a 2015 combináronse dixitalmente para imaxinar un voo virtual que salienta gran parte da superficie do cálido planeta. En xeral, o mundo máis interior do Sistema Solar semella á Lúa terrestre xa que está cuberta por un terreo gris cheo de moitos cráteres. A MESSENGER descubriu moito sobre Mercurio, incluíndo que as sombras preto dos polos probablemente alberguen xeo de auga. O vídeo publicado comeza mentres Mercurio se amosa desde a faciana que apunta ao Sol e remata coa nave espacial virtual retratando a parte nocturna de Mercurio. Realmente, Mercurio rota tan paseniño que completa só dúas rotacións cada dúas viaxes ao redor do Sol. En 2018, Europa e Xapón planean lanzar a BepiColombo para cartografar mellor a superficie de Mercurio e investigar o seu campo magnético.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?