HH 666: piar de po en Carina con chorro


Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA. Procesado e copyright: Domingo Pestana
Explicación: para algúns pode semellarse a un cortizo que aloxa unha abella diaño. En realidade, a imaxe do Hubble publicada capta un piar cósmico de po, de dous anos luz de lonxitude, no interior do cal está Herbig-Haro 666; unha estrela moza emitindo potentes chorros. A estrutura está dentro dunha das rexións de formación estelar máis grandes da nosa galaxia, a nebulosa Carina, que brilla nos ceos meridionais a unha distancia duns 7500 anos luz. A silueta das capas do piar está formada polos ventos e a radiación das estrelas novas, quentes e masivas de Carina, algunhas das cales aínda se están a forma no interior da nebulosa. Unha vista que penetra no po en luz infravermella é quen de amosar mellos os dous potentes chorros estreitos que son emitidos desde unha estrela infante aínda agochada.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Deixar unha resposta