Un horizonte con azul e vermello


Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar (Planetario Ciudad de La Plata)
Explicación: que está a acontecer sobre o horizonte? O propio horizonte, pasando un eido de espinacas en Guatemala, amosa árbores e tamén un volcán: o Volcán de Fogo. O brillo vermello do cumio do volcán é lava quente. Pero o noso ollo pode tamén ser atraído polo circo azul sobre a esquerda do horizonte. Este círculo arrodea á Lúa e, xunto con outras cores, denomínase a coroa. Unha coroa é provocada pola difracción da luz (aquí o luar) polas pequenas pingas de auga da atmosfera terrestre que se interpón. Un burato nas nubes da dereita amosa ás estrelas e incluso ao planeta Saturno afastado máis alá do volcán. Aínda que o Volcán de Fogo sofre a cotío actividade de baixo nivel, o astrofotógrafo considerouse afortunado por captar a escena xusto durante unha erupción explosiva no setembro pasado.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?