Alnitak, Alnilam, Mintaka


Créditos da imaxe e copyright: Mohammad Nouroozi
Explicación: Alnitak, Alnilam e Mintaka son as brillantes estrelas azuladas de leste a oeste (abaixo dereita deica arriba esquerda) ao longo da diagonal nesta vista cósmica. Estas tres estrelas superxigantes azuis, coñecidas tamén coma o Cinto de Orión, son máis quentes e moito máis masiva có noso Sol. Atópanse a unha distancia de entre 800 a 1.500 anos luz, nacidas nas ben estudadas nubes interestelares de Orión. De feito, as nubes de gas e po á orza nesta rexión teñen formas sorprendentemente familiares, incluíndo a escura nebulosa Cabeza de Cabalo e a Fnebulosa da Chama preto de Alnitak por baixo e á esquerda. A propia e famosa nebulosa de Orión está fóra do bordo dereito deste eido estelar cheo de cor. Este mosaico ben encadrado, de 2 imaxes telescópicas, abarca uns 4 graos do ceo.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?