‘Oumuamua: asteroide interestelar

Créditos da ilustración: European Southern Observatory, M. Kornmesser
Explicación: nada como isto se vira antes. A estraña rocha espacial ‘Oumuamua é tan intrigante sobre todo por ser o primeiro asteroide que se detectou desde o exterior do noso Sistema Solar; aínda que probablemente seguirán moitos máis dado a actual vixilancia do ceo por ordenador. Por tanto, os telescopios da humanidade (de case calquera clase) puxeron a ‘Oumuamua no seu calendario de observación para axudar a comprender mellor este estraño visitante interestelar. A fotografía é unha ilustración artística do que podería ser un primeiro plano de ‘Oumuamua. Porén, ‘Oumuamua temán é intrigante polo seu abraiante parelelo a Rama, a famosa nave espacial interestelar da ficción creada polo defundo escritor de ciencia ficción Arthur C. Clarke. Coma Rama, ‘Oumuamua é insospeitadamante alongado, debería estar feito de material forte para evitar rachar, só está de paso polo noso Sistema Solar e pasou estrañamente preto do Sol por algún tipo de ligadura gravitacional. Aínda que a diferenza dunha nave espacial visitante, a traxectoria, velocidade, cor e incluso a probabilidade de detección encaixan cunha feitura natural ao redor dunha estrela normal hai moitos millóns de anos, sendo expulsado tras un encontro gravitacional cun planeta normal e, como consecuencia, pasar a orbitar a nosa galaxia en solitario. A pesares da probable orixe convencional de ‘Oumuamua, quizais a humanidade poida manter a esperanza de que un día terá a tecnoloxía para construír ‘Oumuamua (ou calquera outro intruso do Sistema Solar) nun propio Rama interestelar propio.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?