O todoterreo Curiosity faise un selfie en Marte


Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, MSSS
Explicación: si pero, fixécheste un selfie en Marte? O todoterreo marciano Curiosity fíxoo. Este autorretrato foi compilado a partires de moitas imaxes pequenas; que é a razón pola que o brazo mecánico do que pendura a cámara non se ve (aínda que a súa sombra si!) A imaxe publicada, tomada a mediados de 2015, amosa non só ao todoterreo aventureiro, tamán rochas escuras e estratificadas, o cumio claro do monte Sharp maila area vermella ferruxenta que impregna Marte. Se miras atentamente poida que incluso vexas que un croio está atascado dentro dunha das avellentadas rodas do Curiosity. Preto agora de rematar 2017, o Curiosity continúa a explorar as capas de rochas sedimentarias que descubriu na crista Vera Rubin co obxectivo de comprender mellor, en xeral, a historia da xeoloxía antiga de Marte e especificamente se estes tipos de rochas existían aí.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?